E xa tedes a crónica do 1º partido da Conferencia NorOeste, un éxito rotundo do que puideron desfrutar todos aqueles afortunados que se achegaron até as pistas da Zapateira! Sen dúbida non puido comezar mellor esta liga que promete ser moi disputada, visto o altísimo nivel dos participantes.
Os integrantes das 5 franquicias que participaron o domingo (faltaron Os Segadores para completar as 6 franquicias que comezan nesta liga) foron chegando baixo a choiva, que tampouco quixo perderse este acontecemento.
Os integrantes das 5 franquicias que participaron o domingo (faltaron Os Segadores para completar as 6 franquicias que comezan nesta liga) foron chegando baixo a choiva, que tampouco quixo perderse este acontecemento.
Alí xestouse a equipa de Tele-Varal con Besbe como reporteira, que cubrirá con fidelidade os sucesos que se vaian vivindo nesta Conferencia NorOeste.
O partido comezou, e a forza e bravura coa que os participantes comezaron esta competición foi incríbel, como demostra esta imaxe.
Os participantes das diferentes franquicias asistían atentos ao desenvolvemento do xogo dos seus rivais, e ao mesmo tempo compañeiros.
Despois de transcurrir o conxunto das carreiras, que deixan como líderes individuais a Fran, Jairo e Sak, con 6 puntos; como franquicia líder aos Electrónicos con 16 puntos; e como únicos xogadores que conseguiron un varado a Jairo, Ghanito e Ilde; os palanadores reuníronse para escoitar as experimentadas palabras de David, un dos representantes da Conferencia NorLeste.
Como podedes observar, esta inauguración da Conferencia NorOeste vai traer moitas alegrías e emocións á salvaxe tribo da LNB! Avante a Liga Nacional de Billarda!!!
2 comentários:
espectacular crónico...avante LNB nas arrincando chantos nas leiras e no asfalto!!
esperando xa o 2º asalto
Enviar um comentário