terça-feira, 19 de outubro de 2010

Arrincamos!

Os motores da Conferencia NorOeste comezan a ruxir un ano máis, soan a mar, quentan ao compás das ondas que veñen romper nesta cidade-barco á que lle chaman A Cruña. Mais non apampedes mirando o bravo mar bater na costa coruñesa, afiade as vosas billardas e agarrade ben os paláns porque chegan emocións ben fortes desde esta esquina do país.
Mentres A Coruña toda se prepara para recibir aos Diplomáticos como merecen, a LNB leva a cabo as súas negociacións para fixar o lugar onde se celebrará o comezo da temporada. E a serpe multicolor da LNB sabe que non hai mellor forma de dar principio á liga do Noroeste que establecendo campamento nun barrio emblemático como o de Labañou antes de dirixirse cara outras comarcas próximas.
Xentes do noroeste galego, acudide a esta chamada desde o bravo Labañou! A Coruña rabuña!
Arroutada e subversión, billarda e revolución!
Señora, non quede na casa,
colla a billarda e únase á tropa da tralla!




E-mail da Conferencia NorOeste:
lnbnoroeste@gmail.com

Teléfonos de contacto:
- 679908773 (David Fontán)
- 658847377 (Roi Moris)

5 comentários:

Daniel disse...

Parabens meus! En verdade que se vos votaba de menos. Dende o NorLeste recibide un saúdo e todo o noso ánimo. Ahora si que xa estamos todos!

Sak disse...

Que grandes! A Cruña volta a andar a paus!!

Alegría inmensa de voltar ver o esplendor coruñento do NorOeste :D

Anónimo disse...

David, andas por Compostela? Por favor, escríbeme para ver se podemos quedar. xan.fuscd@gmail.com

lnb-noroeste disse...

Daniel: Moitas grazas! Imos adiante con máis forza ca nunca!

Sak: A Coruña rabuña!!!

Xan: Este finde estou na Coruña, contacto agora contigo para vernos pola semana.

Anónimo disse...

Parabens Filloas por tomar a iniciativa, Os Xarutos tamen fumaremos este ano!!!
Avisado con dia e a hora. Vemonos na cancha!!