Este domingo a partir das 16:30 a Conferencia NorOeste fai unha incursión fóra da cidade da Coruña. O pavillón de Sada é a sede escollida para a desputa desta 4ª xornada.
Non será a primeira vez que xoguemos alí, polo que moitos dos palanadores da nosa liga xa coñecen a pista, algo que intentarán aproveitar para apretar todo o posíbel a clasificación. Os Bateas, na xeral por equipos, e Xan, na individual, buscarán defender o seu primeiro posto e incluso aumentar a súa vantaxe cos seguintes clasificados.
Podemos adiantar tamén que a falta de confirmación para o lugar 5º xornada, que será o 20 de febreiro, está preparada unha nova saída, esta vez a terras descoñecidas para a tribo billardeira do NorOeste. O mes de marzo é firme candidato para acoller o I Aberto de Cerceda, que será organizado en colaboración coa Asociación Cultural Lucerna. Seguiremos informando.
Afiade as billardas, adiante co Varal!
Sem comentários:
Enviar um comentário