O pasado domingo no pavillón de Sada desputouse unha nova xornada da Conferencia NorOeste, na que Xan Rodiño (Bateas) volveu saír vitorioso tras unha dura final fronte a Serxio (Xarutos). Os Bateas, que tamén meteron en semifinais a Lois e en cuartos a Xosé Rodiño, aumentaron a súa distancia con respecto aos Filloas de Sangue.
Tamén hai que resaltar a participación de catro palanadores de Remourelle, que debutaron na nosa liga, sendo un deles o seleccionador galego, Flores, que incluso nos deleitou con varios chistes ao finalizar o aberto.
Desde esta redacción tamén queremos apuntar que a tranquilidade reinante até este momento na nosa liga foi rota por un novo enfrontamento protagonizado polos Bateas, que xa tiverán algunha que outra liorta en diferentes conferencias. O palán de David Fontán, xogador dos Filloas de Sangue, tronzou cando se dispoñía a facer o varado que mantería empatada a súa eliminatoria fronte a Xosé Rodiño (era xa o segundo desempate). Esta situación, da que máis dun palanador culpa a unha posíbel estratexia dos do Portonovo, fixo que a billarda saíse desviada e o xogador dos Bateas pasase unha ronda máis para enfrontarse ao seu irmán en 1/4. Esta equipa, en cambio, sinala a David Fontán como executor dun atentado contra a integridade física do máis novo dos Rodiño. Curioso que sexan eles os que fan tal acusación, cando é outro palanador da súa equipa, Luis, o que día tras día, ao quedar eliminado, envía o seu palán en calquera dirección e con total arbitrariedade. Mais a deportividade dos Filloas de Sangue quedou patente unha vez máis cando estes non decidiron levar o acontecemento os tribunais, mais si falar na pista, que é onde os deportistas deben facer as cousas.
Tras este imparcial comentario pasamos a ofrecervos as clasificacións:
Individual
Xan (Bateas) 10
Serxio (Xarutos) 8
Lois (Bateas) 6
Roi (Filloas) 6
Marcos (Remourelle)4
Xan (A Treu) 4
Martiño (Remourelle) 4
Xosé Rodiño (Bateas) 4
David (Filloas) 2
Lois (Filloas) 2
Lijó (A Treu) 2
Suso (Remourelle) 2
Cristian (Xarutos) 2
Flores (Remourelle) 2
Marcos (A Treu) 2
Uxío (Xarutos) 2
Román (Filloas) 1
Xosé (Filloas) 1
Leti (Xarutos) 1
Maceira (Xarutos) 1
Juan (Xarutos) 1
Santos (Franquicia Branca) 1
Lucas (A Treu) 1
Feminina
Leti (Xarutos) 1
Equipos
Bateas 20
Xarutos 13
Remourelle 12
Filloas de Sangue 11
A Treu 9
Varados
Xosé Rodiño (Bateas) 3
Roi (Filloas) 2
Serxio (Xarutos) 2
Xan (Bateas) 2
Xeral individual
Xan (Bateas) 34
Roi (Filloas de Sangue) 20
Serxio (Xarutos) 20
Lois (Filloas de Sangue) 18
Luis (Bateas) 14
David (Filloas de Sangue) 14
Toño (Bateas) 14
Xosé Rodiño (Bateas) 11
Xosé (O Pino) 10
Basilio (O Pino) 8
Maceira (Xarutos) 7
Cristian (Xarutos) 7
Xan (A Treu) 6
Xosé (Filloas de Sangue) 6
Leti (Xarutos) 4
Marcos (Remourelle) 4
Martiño (Remourelle) 4
Alberto (Xarutos) 4
Jandro (Bateas) 4
Carola (Filloas de Sangue) 4
Uxío (Xarutos) 3
Lijó (A Treu) 3
Anxo (Taravelas) 3
Davide (Xarutos) 3
Lucas (A Treu) 2
Román (Filloas de Sangue) 2
Marcos (A Treu) 2
Suso (Remourelle) 2
Flores (Remourelle) 2
Ivan (O Pino) 2
Carmela (O Pino) 2
Begoña (O Pino) 2
Xosé Antón (O Pino) 2
Ivan (Bateas) 2
Marica (Taravelas) 2
Sak (Filloas de Sangue) 1
Sheila (O Pino) 1
Wea (A Treu) 1
Davide (A Treu) 1
Maika (Bateas) 1
Cris (As invencibles) 1
Bea (As invencibles) 1
Alba (As invencibles) 1
Anka (Bateas) 1
Jorge (Taravelas) 1
Xeral feminina
Leti (Xarutos) 4
Carola (Filloas de Sangue) 4
Marica (Taravelas) 2
Carmela (O Pino) 2
Begoña (O Pino) 2
Maika (Bateas) 1
Sheila (O Pino) 1
Cris (As invencibles) 1
Bea (As invencibles) 1
Alba (As invencibles) 1
Anka (Bateas) 1
Xeral equipos
Bateas 77
Filloas de Sangue 61
Xarutos 43
O Pino 22
Remourelle 12
Taravelas 6
A Treu 14
As Invencibles 3
Xeral varados
Xosé Rodiño (Bateas) 3
Roi (Filloas) 3
Serxio (Xarutos) 2
Xan (Bateas) 2
Sem comentários:
Enviar um comentário