quinta-feira, 15 de setembro de 2011

Aberto de pretempada!!

Chegáronnos rumores de que varios equipos da Conferencia NorOeste xa están a facer a súa particular pretempada, con novas incorporacións e con duros adestramentos para competir este ano ao máximo nivel. Se, como así semella, este rumor é certo, pódese asegurar que este ano a nosa conferencia dará moito que falar
Sabemos que estades esperando con ansia novos abertos no NorOeste, así que temos unha boa noticia para todos vós: voltamos este domingo!! Esperámosvos a todos no parque de Santa Margarita sobre as 17 h. Alí faremos unha pequena asemblea aberta para falar desta tempada, que significará a V edición da Conferencia NorOeste da LNB! Nesta asamblea falaremos das posíbeis datas e localizacións para os abertos que desputemos ao longo do ano.
E ademais desta asemblea organizativa, terá lugar un aberto de pretempada cun premio para o campión aínda por determinar. Así comprobaremos o verdadeiro nivel dos membros que participarán este ano na nosa Conferencia, coñecendo esas novas incorporacións que firmaron o seu contrato por diversos equipos.
Como todos recordades, o campión da LNB e coroceiro nacional do 2011 participou en Conxo como membro da nosa conferencia, así que os palanadores do NorOeste teñen moitas ganas de conseguir o título e demostrar así á LNB a súa bravura e afouteza.
Por todo isto e polas fortes emocións que nos agardan é polo que non pode faltar ninguén! O domingo ás 17 h esperamosvos a tod@s no Parque!!
Saúde e billarda!

2 comentários:

XAN disse...

Ola compañeiros, desde TODOLNB queremos poñernos á vosa disposición para calquera asunto no que poidamos axudarvos. Ao mesmo tempo, que vos parece se dalgún xeito nos facedes chegar o calendario da nova 2011-2012.
No blog de TODOLNB queremos ter o calendario de todas as conferencias nunha única páxina. Grazas.

lnb-noroeste disse...

sintoo por tardar tanto, xa poñemos agora o calendario!